Educador/a Social – CIEMA
Dende a Fundación Educativa e Social Dignidade abrimos un proceso interno, dirixido ao persoal de todos os recursos da entidade, para a cobertura temporal dun posto de Educador/a Social no CIEMA.
A contratación realizarase para a substitución dunha persoa traballadora con reserva de posto de traballo, cunha duración inicialmente prevista dun ano.
Funcións principais do posto
A persoa seleccionada encargarase da intervención educativa e do seguimento de menores en cumprimento de medidas xudiciais en medio aberto, favorecendo o seu desenvolvemento persoal, familiar e social.
Entre as súas principais funcións destacan:
Elaboración e seguimento dos programas individualizados de execución de medidas (PIEM).
Intervención educativa individualizada coas persoas menores e as súas familias.
Elaboración de informes de seguimento, incidencias e finalización das medidas.
Coordinación cos recursos e profesionais implicados na intervención.
Participación na planificación, desenvolvemento e avaliación das actividades e programas do CIEMA.
Presentación de candidaturas
As persoas interesadas deberán presentar a súa candidatura, acompañada dunha breve exposición da súa motivación e interese polo posto.
As candidaturas recibidas serán valoradas tendo en conta a motivación, o perfil profesional e a adecuación ás funcións do posto.