PERSOA TITULADA EN TRABALLO SOCIAL

  • Indefinido
  • Tiempo completo
  • Lugo, Lugo, España
  • CIEMA LUGO

Buscamos persoa titulada en Traballo Social para o CIEMA Lugo, recurso especializado en executar medidas en medio aberto con menores infractores da Provincia de Lugo

Funcións principais

  • Avaliar a situación sociofamiliar da persoa menor e elaborar os informes vinculados á medida xudicial.

  • Informar e orientar á persoa menor e á súa familia sobre recursos e axudas sociais, facilitando o acceso á rede comunitaria.

  • Deseñar e coordinar itinerarios formativos e de inserción sociolaboral, así como programas de mellora da empregabilidade.

  • Tramitar documentación e permisos administrativos, e xestionar a acreditación persoal ante organismos competentes.

  • Coordinarse con servizos sociais, entidades públicas e recursos comunitarios, especialmente en situacións de vulnerabilidade.

  • Ofrecer apoio técnico ao equipo do CIEMA durante o proceso da intervención educativa.

  • Xestionar o Plan de Voluntariado

  • Favorecer a integración social da persoa menor, reforzando as súas competencias persoais, sociais e familiares.

Requisitos

  • Diplomatura ou Grao en Traballo Social.

  • Coñecementos de informática a nivel usuario.

  • Carné de conducir.

  • Certificado negativo do Rexistro Central de Delitos de Natureza Sexual.

  • Dominio do galego oral e escrito.

Actitudes, habilidades e rasgos persoais

  • Capacidade para transmitir confianza, empatía, proximidade e estabilidade.

  • Tolerancia ao estrés e á frustración.

  • Actitude aberta e respectuosa cara ás diferenzas individuais.

  • Discreción, prudencia e capacidade de toma de decisións e negociación.

  • Capacidade para aprender e formarse de maneira continua.

  • Capacidade para traballar en equipo.

  • Habilidade para elaborar documentación.

  • Capacidade para afrontar intervencións en situacións de crise.

|
|
Desarrollado por Factorial
Construir mi página de empresa