AUXILIAR EDUCATIVO (quenda de día)

  • Temporal
  • Tiempo completo
  • MONDOÑEDO, LUGO, España
  • MR MONDOÑEDO

Na Minirresidencia Dignidade Mondoñedo buscamos Auxiliar Educativo para incorporación mediante contrato temporal. Ofrécese xornada completa.

As funcións principais do posto son:

  • Acompañar e atender ás persoas menores no seu proceso educativo e de desenvolvemento persoal.

  • Supervisar e prestar apoio nas actividades básicas da vida diaria, promovendo o seu benestar e a súa seguridade.

  • Favorecer a adquisición de hábitos saudables, o respecto polas normas de convivencia e o desenvolvemento da autonomía persoal.

  • Organizar, dinamizar e participar en actividades educativas, formativas e de lecer adaptadas ás necesidades das persoas menores.

  • Colaborar co equipo educativo na execución e seguimento dos plans de intervención, garantindo unha actuación coordinada e coherente.

|
|
Desarrollado por Factorial
Construir mi página de empresa